Saltar ao contido

As valgadas bravas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As valgadas bravas
Título orixinalEls sots feréstecs
Autor/aRaimon Casellas
OrixeCataluña
LinguaCatalán
Xénero(s)Novela
EditorialCataluña Prensa catalá
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub.Cataluña 1901
Galicia 2012
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas170
ISBNISBN 978-84-941211-1-1
TraduciónEduard del Castillo Velasco
editar datos en Wikidata ]

As valgadas bravas[1] (en catalán: Els sots feréstecs) é unha novela de Raimon Casellas publicada en 1901.[2] É considerada a primeira novela longa modernista.[2] Representa o fracaso do artista no seu intento de transformar a sociedade, o cal está vencellado coa vontade rexeneracionista do movemento modernista. O protagonista, mosén Llàtzer, encarna o home superior, o Ben e o Ideal, que se enfronta ás multitudes, o Mal e a Natureza. O personaxe que comeza o libro, o Aleix de les Tòfones, simboliza a degradación das calidades humanas.

Foi traducida ó galego por Eduard del Castillo Velasco[3] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.[1]

  1. 1,0 1,1 As valgadas bravas. Traducido por Eduard del Castillo Velasco (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-941211-1-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. 2,0 2,1 Castellanos - 1983, páx. 238
  3. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 15. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.